viernes, 12 de enero de 2018



BÚSQUEDA DO TESOURO
Con motivo da celebración das letras galegas , o ciclo de Infantil preparou unha búsqueda do tesouro en equipos formados por nen@s das distintas idades  . Os equipos tiñan un distintivo ( estrela vermella, triángulo amarelo, círculo azul... )  e un mapa. Coa técnica de lápis ó centro, en este caso  ``mapa ao centro´´ analizaron os lugares donde tiñan que atopar os tesouros ( imaxes dos libros de Carlos Casares ) e a orde que tiñan que seguir. Estaban tod@s moi ilusionados , pero cando non atopaban o tesouro , ou observaban que algún equipo atopara máis ca eles se desesperaban ou enfadaban. Tamén tiñan a norma de que todo o equipo tiña que ir xunto, o que obrigaba a tod@s a  esperar e pensar nos demais. Ó final reuníanse tod@s no salón de actos e completaban o panel final pegándo todas as imaxes e adiviñando unha mensaxe secreta. De premio .... caramelos blandos e unha mañá moi emocionante e divertida. As imaxes saíron bastante movidas porque non paraban quietos buscando por todos lados, e cando atopaban o tesouro se abrazaban, saltaban , gritaban...¡ non paraban quietos!


Pica na imaxe para ver o vídeo

No hay comentarios:

Publicar un comentario