viernes, 12 de enero de 2018

MURAL LETRAS GALEGAS

Todo o cole celebrou o día das letras galegas cun gran mural no que participamos todos os cursos. A actividade consistía en escoitar unha historia sobre a vida e obra de Carlos Casares e ir debuxando o que nos ía mandando o relato. Tod@s @s nen@s levaban un bote con témpera e cando escoitaba : ¡pinceis arriba! tiñan que levantar o pincel e agardar a nova orde. Tiñan que ir debuxando bicicletas, letras, libros, galiñas... tamén tiñan que estar atent@s porque podían mandar cambiar de sitio, ou de cor... quedaron uns cadros moi bonitos que decoran agora os nosos corredoiros. Conseguimos manter  a atención, que se relacionasen con tod@s, e que se divertisen aprendendo.


1 comentario:

  1. Muchas gracias por este trabajo tan maravilloso que haces...
    Nos encanta visitar el blog y ver todo los cambios que se produjeron en Ana...
    Todo lo que está aprendiendo jugando y disfrutando..

    ResponderEliminar